InicioSucesosUn morto e un ferido tras caer por un terraplén co coche...

Un morto e un ferido tras caer por un terraplén co coche en Hío

Ocorreu na rúa do Pello na mañá deste domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida tras saírse da vía e caer por un terraplén co vehículo no que viaxaban na parroquia de Hío, en Cangas do Morrazo.

Segundo trasladou o 112 Galicia, sobre as 8,20 horas deste domingo a central de emerxencias recibiu a chamada dun particular que informaba dun coche accidente e caído por un terraplén na rúa do Pello. Nesta mesma comunicación, a persoa que deu a alerta sinalaba que no interior do turismo había dúas persoas que, posiblemente, estaban atrapadas.

Con esta información, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros do Morrazo. Ademais, informaron os Bombeiros de Vigo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

Así mesmo, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) sinalou que os bombeiros tiveron que facer uso de material de excarceración para liberar os dous ocupantes do vehículo.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...