InicioPolíticaAexposición que conmemora o 40 aniversario do Parlamento de Galicia

Aexposición que conmemora o 40 aniversario do Parlamento de Galicia

A exposición está integrada por 24 paneis, un vídeo divulgativo e 17 vitrinas con documentación histórica e bibliografía relacionada co proceso de configuración da autonomía de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

‘O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia. 1981-2021’ é o título da exposición que conmemora o 40 aniversario da institución e que chegará a Vigo este xoves, día 30 de xuño, para repasar os feitos máis destacados do catro décadas de vida do Lexislativo galego, desde a súa constitución o 19 de decembro de 1981.

A mostra, que estivo aberta ao público en Santiago ata o pasado 15 de marzo, iniciou despois un percorrido polas cidades galegas, chegando este xoves a Vigo.

Comisariada polo catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Villares Paz, tamén contou coa colaboración de Miguel Anxo Seixas Seoane e GustavoHervella García, integrantes do Grupo HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural, séculos XIX e XX), mentres que o deseño gráfico correu a cargo de Xosé Díaz Arias.

A exposición está integrada por 24 paneis, un vídeo divulgativo e 17 vitrinas con documentación histórica e bibliografía relacionada co proceso de configuración da autonomía de Galicia. En Vigo, estará aberta entre este xoves, inaugurándose ás 19,30 horas, e o próximo 27 de xullo na sala 1 da sede viguesa de Afundación.

ÚLTIMAS

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40...

Axentes da Policía Nacional salvan a vida a unha muller que se desvaneceu na rúa en Vigo

A rápida intervención de dous axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo permitiu...

Calor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo

Os sindicatos JUPOL e CSIF denunciaron ante a Inspección de Traballo a situación que...

Vigo mantén “vixilancia máxima” nas súas zonas forestais para previr incendios

O Concello de Vigo mantén activa a "vixilancia máxima" en zonas forestais da cidade...