InicioSociedadeCatro novos falecidos con Covid na área de Vigo nos últimos días

Catro novos falecidos con Covid na área de Vigo nos últimos días

Volven subir os contaxiados "oficiais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia seguen en aumento e ascenden a 650, que supoñen 15 máis que a xornada anterior, tras detectarse máis de 1.670 novos contaxios. Os casos activos elévanse a 12.412, que implican 673 máis, e as vítimas da pandemia increméntanse a 3.594, ao morrer outro nove persoa máis por este coronavirus.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, descenden a 20 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia –dous menos– e ascenden a 630 os hospitalizados noutras unidades –17 máis–, mentres que 11.762 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o mércores 22 de xuño, había 493 ingresados, deles 17 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta alíviase na de Vigo na que aínda que aumentan a catro os pacientes Covid en UCI –dous máis–, descenden a 117 os ingresados noutras unidades –oito menos–.

MÁIS DE 12.400 CASOS

Pola contra, os casos activos de Covid-19 acumulan dúas xornadas consecutivas en ascenso ata situarse nos 12.412, que supoñen 673 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.677) que altas (996), ao que se suman varios falecementos. O mércores anterior había 11.028 infeccións activas. O ascenso é xeneralizado no sete áreas sanitarias galegas con Vigo (+51) que queda con 2.218 casos activos.

VÍTIMAS

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas ascenden a 3.594 ao notificar este mércores a Consellería de Sanidade nove óbitos de pacientes con patoloxías previas rexistrados en varios días.

En concreto, o 22 de xuño morreu un home de 83 anos na área de Vigo e o día 23 outro de 77 anos no mesmo distrito sanitario. O 25 faleceu outro home de 87 anos na mesma área. Outro óbito é do pasado 26 de xuño: unha muller de 78 anos.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...