InicioSociedadeQueres saber cales son os puntos conflictivos na primeira gran operación especial...

Queres saber cales son os puntos conflictivos na primeira gran operación especial de Tráfico do verán?

Pontevedra será a provincia con máis movementos, máis de 200.000 vehículos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé uns 553.000 desprazamentos en Galicia durante a primeira operación especial de tráfico do verán, que se desenvolverá desde as 15,00 horas do venres, día 1 de xullo, ata as 24,00 horas do domingo, 3 de xullo.

Segundo os datos da DGT, a provincia na que prevén máis movementos é a de Pontevedra, con 201.000; seguida da Coruña, cuns 180.000. Pola súa banda, en Ourense poderanse rexistrar uns 93.000 movementos e, en Lugo, 79.000. En Galicia as estradas nas que a Dirección General de Tráfico calcula que se rexistrará unha maior intensidade da circulación son a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.

Un dos puntos que se poderá ver afectado será, precisamente, o tramo da N-6 en Pedrafita do Cebreiro, polo que se desviou o tráfico tras a caída do viaduto do Castro, na A-6. Deste xeito, Galicia rexistrará un 16% dos 4.490.000 movementos previstos entre as 15,00 horas do venres e as 24,00 horas do domingo no conxunto do territorio español.

Con motivo desta operación, ademais dunha serie de medidas de regulación, ordenación e vixilancia do tráfico a nivel nacional, a DGT ofrece unha serie de consellos importantes para mellorar a seguridade viaria, nos que fai referencia ás medidas a adoptar antes e durante a realización da viaxe.

Así, entre outras cuestións, recomenda levar a cabo, coa antelación debida, unha completa posta a punto do vehículo; solicitar información sobre o estado da circulación dean a estrada que se vaia a utilizar, así como datos sobre a situación meteorolóxica prevista na zona e posibles itinerarios alternativos no caso de que existan retencións; utilizar o cinto de seguridade; evitar o exceso de equipaxe e a colocación de obxectos ou parasoles que impidan a correcta visibilidade.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...