InicioSociedadeDetido en Vigo por agredir e ameazar a súa parella

Detido en Vigo por agredir e ameazar a súa parella

O home conduciu bébedo coa muller e as súas crianzas a pesar da negativa dela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, L.R.P. de 36 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella, despois de que ela lle recriminase que leva o seu coche, con ela e os seus fillos menores a bordo, tras inxerir bebidas alcohólicas.

Segundo informaron fontes policiais, a muller chamou ao 092 na mañá do domingo para denunciar os feitos. Segundo o seu relato, a noite anterior a parella acudira a un evento familiar cos seus fillos, de 2 e 5 anos de idade. Ao finalizar a festa, o home empeñouse en levar á súa familia de volta ao domicilio en coche, a pesar de que consumira gran cantidade de alcol. A muller negouse a acompañalo polo seu estado e iniciaron unha discusión.

Finalmente, a muller e as crianzas acabaron subindo ao coche e o home conduciu ao seu domicilio de maneira errática, e facendo caso omiso ás peticións da muller de que parase o vehículo. Ao chegar á súa vivenda, cando o condutor estaba a dar voltas para buscar aparcadoiro, a muller apeouse do coche.

Nese momento, o home tamén saíu do vehículo e dirixiuse a ela, propinoulle unha forte puñada no peito e ameazouna. A muller sinalou aos axentes que non chamara á Policía nese momento por estar “moi nerviosa”.

Os Policías interrogaron á súa parella, e este recoñeceu os feitos, alegando que, cando se atopa bebido, “non controla os seus actos”. Por estes feitos, foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...