InicioSociedadeA Xunta limita a cuestións "de organización" as deficiencias da residencia 'Mi...

A Xunta limita a cuestións “de organización” as deficiencias da residencia ‘Mi Casa’

Política Social reivindica "a independencia e profesionalidade" do servizo de Inspección e asegura que "non hai matrato" ás persoas residentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, recoñeceu que os servizos de inspección detectaron deficiencias “de organización” na residencia ‘Mi Casa’ de Pazos de Borbén, pero asegurou que “en ningún caso teñen que ver co trato que reciben os usuarios”.

Así respondeu este mércores no Parlamento galego a conselleira a unha pregunta formulada pola viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, quen levou ao pleno as denuncias do colectivo Traballadoras de Residencias de Galicia (TreGa) sobre a “deficiente alimentación” das persoas maiores e a “falta de persoal” no centro, entre outras cuestións.

Neste contexto, a titular de Política Social lembrou que ao longo do mes de maio houbo “varias inspeccións” conxuntas do seu departamento e de Sanidade, a partir das cales se detectaron “varias carencias” e a Administración abriu un expediente por cuestións “de organización” e non “de trato” ás persoas maiores.

Así, García reivindicou “a independencia e profesionalidade” do servizo de Inspección, á vez que acusou á viceportavoz nacionalista de “atacar os profesionais” das residencias e de crear “alarmismo”.

Non en balde, prometeu que a Consellería analiza “todas as denuncias e queixas” que lle chegan en relación cos xeriátricos e lembrou que o plan de inspección para este 2022 contempla un aumento dun 10 por cento das visitas a residencias, “ata superar as 1.500, para que todos, absolutamente todos os centros, sexan da titularidade que sexan, ofrezan unha atención de máxima calidade”.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...