InicioPolíticaO BNG denuncia o "acoso inmobiliario" da Sareb no barrio do Calvario

O BNG denuncia o “acoso inmobiliario” da Sareb no barrio do Calvario

Néstor Rego denuncia a cesión á Xunta dos inmobles da entidade para crear un parque público de vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defendeu este martes en Vigo a cesión á Xunta dos inmobles que a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) ten en Galicia co obxectivo de crear un parque público de vivendas.

Xunto co concelleiro nacionalista vigués, Xabier P. Igrexas, Rego denunciou a situación de “acoso inmobiliario” producida pola Sareb no barrio do Calvario, polo que propuxo a cesión de todos os bens inmobles da entidade na Comunidade ao Goberno galego, para construír un parque público que permita o acceso a unha vivenda a todas aquelas persoas con necesidade.

Para el, é “inaceptable” o acoso que se está producindo en Vigo. “Non pode ser que unha entidade pública como a Sareb cun parque de vivendas próximo ás 3.000 en Galicia, que o manteña inmobilizado ou faga un uso inapropiado, coma se se tratase dunha entidade privada”, criticou.

“O que ten que facer a Sareb é ceder a totalidade do seu patrimonio á Xunta, que é quen ten as competencias en materia de vivenda e é a que pode facer unha xestión adecuada para que a Comunidade conte cun parque público de vivendas que alivie, no posible, a situación de demanda”, sentenciou o deputado nacionalista.

Na mesma liña falou Igrexas, quen lamentou a situación que vive a veciñanza do barrio do Calvario, que se queixa de que a Sareb leva anos sen levar a cabo as reparacións necesarias nos seus edificios.

O concelleiro criticou o aumento dos prezos do aluguer na cidade, a pesar de que hai máis de 17.000 vivendas baleiras, que na súa maioría son propiedade de grandes multinacionais ou da propia Sareb, “que quere actuar como un fondo voitre a pesar de ser unha entidade do Goberno”.

ÚLTIMAS

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Detidos por realizar 35 chamadas intimidatorias en menos de 5 horas a un vigués

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo a dous homes como supostos autores...