InicioSociedadeA UVigo e a Escola Naval Militar reafirman a súa colaboración a...

A UVigo e a Escola Naval Militar reafirman a súa colaboración a través da Cátedra Álvarez-Ossorio

O obxectivo da cátedra é contribuír ao achegamento da Armada "á sociedade civil".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicerreitor do campus de Pontevedra en funcións, Jorge Soto, e o comandante director da Escola Naval Militar (ENM) de Marín, o capitán de navío Pedro Cardona, presentaron este luns o “acto de firma simbólica” da renovación da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio, que foi creada en 1997 ao amparo dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Ministerio de Defensa, como un órgano de relación institucional para temas culturais, técnicos e humanísticos.

A Cátedra estaba inicialmente ligada á antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), pero desde o ano 2003 ten sede na Escola Naval Militar de Marín. Este luns a Universidade de Vigo e o Ministerio reafirmaron a súa vontade de “manter e potenciar o desenvolvemento” da cátedra, a través da firma dun novo convenio para “fomentar as súas relacións de colaboración e a promoción conxunta de temas culturais, técnicos e humanísticos”.

“Nun país no que moitas veces as iniciativas perden impulso rapidamente, estamos a celebrar un cuarto de século de actividade constante e de calidade“, destacou o vicerreitor. O acto contou coa participación de Antonio Álvarez-Ossorio, fillo do almirante que dá nome á cátedra que alberga “conferencias, traballos de investigación e actividades culturais”.

ACHEGAR A ARMADA

Jorge Soto valorou a importancia de que a cátedra vaia máis aló da organización de conferencias para “entroncar directamente con dúas pezas importantes para a ENM como son a sociedade de Marín e a Universidade de Vigo”. Pola súa banda, Cardona subliñou que o obxectivo da cátedra é contribuír ao achegamento da Armada “á sociedade civil” e puxo de relevo a “calidade excepcional” dos conferenciantes que pasaron por ela ao longo destes 25 anos.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...