InicioMedio Ambiente e PatrimonioVoluntarios retiran máis de 100 quilos de lixo mariño e de flora...

Voluntarios retiran máis de 100 quilos de lixo mariño e de flora invasora da Illa de Monteagudo, nas Illas Cíes

Retiraron diferentes especies, fundamentalmente 'Conyza canadensis', unha especie de orixe norteamericana introducida en Galicia a mediados do século XIX.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 75 persoas voluntarias do Plan de Conservación Territorial-On (Plancto), impulsado por Afundación, a Obra Social de Abanca, retiraron este sábado máis de 100 quilos de lixo mariño e de flora exótica invasora na Illa de Monteagudo, no arquipélago de Cíes, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Entre a flora exótica invasora, retiraron diferentes especies, fundamentalmente ‘Conyza canadensis’, unha especie de orixe norteamericana introducida en Galicia a mediados do século XIX e expandida hoxe en día polo cinco continentes debido a “a falta de inimigos naturais nos lugares que coloniza unido ao gran número de sementes que produce ao longo de todo o ano”.

Ademais, outro grupo de voluntarios retiraron residuos que atoparon nos bordos e proximidades dos camiños. En concreto, obxectos que con motivo do vento e da climatoloxía poderían chegar ao mar, fundamentalmente, cabichas, máscaras, restos de envoltorios de aperitivos, lambetadas ou envases.

Pola tarde, as persoas voluntarias participaron nunha ruta interpretativa na que coñeceron “tesouros que conforman o ricopatrimonio natural co que contan as illas deste arquipélago”. Afundacion destacou que coa deste sábado son xa sete as actividades de retirada de lixo mariño levadas a cabo no ámbito de Plancto no que vai de ano, unha tempada na que xa recolleron máis de cinco toneladas e media de residuos. En total, este programa suma xa máis de 25 toneladas recollidas desde que principiase esta iniciativa no mes de marzo do pasado ano.

ÚLTIMAS

Sete detidos e tres feridos graves nunha liorta con armas brancas nunha casa okupada

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a sete persoas durante unha...

Profesores en pé de guerra nas rúas de Vigo: “A situación no ensino público é de emerxencia”

Decenas de profesores saíron á rúa este martes en Vigo, no marco da folga...

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...