InicioSucesosRescatado un home ferido tras caer nunha zona rochosa en Nigrán

Rescatado un home ferido tras caer nunha zona rochosa en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido o concello pontevedrés de Nigrán despois de sufrir unha caída nunha zona rochosa, en Chandebrito, no miradoiro de Monte Alba na tarde deste pasado domingo.

Segundo informou o 112 Galicia, foi a súa muller quen, ás 19,45 horas deste domingo, chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda. Indicou que o seu home caeu nas rocas e que necesitaba axuda para sacalo do lugar onde se precipitou.

Tras iso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Porriño, dos membros do GES de Val Miñor, da Garda Civil e da Policía Local. Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia de que, finalmente, rescataran á persoa dun lugar de difícil acceso.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...