InicioDeportesO triatleta internacional vigués Antonio Serrat proclámase campión galego por cuarta vez...

O triatleta internacional vigués Antonio Serrat proclámase campión galego por cuarta vez consecutiva

PUBLICADO O

- Advertisement -

Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse este domingo en Ferrol campións galegos de tríatlon. “Foron dúas probas apertadas e
fermosas, nas que o tríatlon galego volveu amosar as súas credenciais, con deportistas dun altísimo nivel”, destacan desde a federación.

Na proba masculina, a natación foi moi rápida, con Carlos Brión marcando o ritmo. Pero os favoritos lograron colocarse e saíron ben da auga, con Antonio Serrat na terceira posición e Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) na segunda.

A bicicleta foi decisiva. De entrada formouse un grupo de tres deportistas con Serrat, Velásquez e Cendán, pero na segunda volta o vigués aproveitou unha subidanpara atacar e escaparse, aínda que Luismi reaccionou e logrou pillalo. Así, os dos compañeiros do Terras de Lugo fixeron xuntos as dúas últimas voltas de ciclismo e abriron distancias claras cos perseguidores.

Na carreira a pé, Antonio Serrat -campión galego nos anos 2015, 2016 e 2017- marcou o seu ritmo e logrou escaparse para chegar a meta en solitario e proclamarse gañador do XVIII Tríatlon Concello de Ferrol e do Campionato Galego de Tríatlon 2018 cun tempo final de 58:52. Segundo e subcampión galego foi Luismi Velásquez (1:01:10) e terceiro Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial) cun tempo final de 1:01:47.

Na categoría feminina, as deportistas do Tríatlon Ferrol, que competían en casa, foron protagonistas. Da auga saíu un grupo de 8 deportistas, con todas as favoritas (Camila Alonso, Carmen Gómez, Joselyn Brea, Edymar Brea, Saleta Castro ou Inés Santiago), e na bicicleta lograron abrir distancias Camila Alonso e Carmen Gómez, mentres que Joselyn tivo que abandonar despois de varios mareos.

As dúas deportistas de cabeza lograron case minuto e medio de distancia sobre as perseguidoras, de forma que o título galego tiña que decidirse na carreira a pé entre elas. E aí foi a máis rápida Camila Alonso, que logrou proclamarse campioa galega cun tempo final de 1:07:42.

Carmen Gómez foi segunda e subcampioa (1:08:08), mentres que a terceira posición foi para Edymar Brea (1:09:44). Dedestacar a cuarta posición de Saleta Castro (Cidade de Lugo Fluvial), máis acostumada ás longas distancias, ou a sexta da cadete Elsa
Pena (Cidade de Lugo Fluvial).

O Galego disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pé) e a saída, transición e meta estaban instaladas no porto de Ferrol.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...