InicioSociedadeProcuradores de Vigo rexeitan o Real Decreto de Aranceis e reproban á...

Procuradores de Vigo rexeitan o Real Decreto de Aranceis e reproban á directiva do seu Consello Xeral en España

Alegan "total indefensión" ante a nova normativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Procuradores de Vigo trasladaron o seu rexeitamento “total” ao Real Decreto de Aranceis aprobado polo Goberno e estudan recorrelo, ademais de pedir a dimisión de toda a directiva do Colexio Xeral de Procuradores de España (CGPE) pola forma en que xestionou a tramitación desta norma que reduce “drasticamente” os honorarios deste colectivo e “compromete o futuro” da profesión.

O Colexio de Procuradores de Vigo solicitara ao presidente do CGPE, Juan Carlos Estévez, que acudise á cidade a explicar os pormenores do Real Decreto e a dar contas da súa xestión ante a “indefensión” destes profesionais derivada da nova norma. Estévez rexeitou a invitación e suspendeu unha visita prevista para o 2 de xuño, alegando que “carecería de contido”.

Os procuradores de Vigo decidiron, nunha asemblea extraordinaria, asinar masivamente cartas pedindo a dimisión de Estévez e o seu equipo directivo (recolleron 115 firmas), e estudar a posibilidade de recorrer o Real Decreto ante o Tribunal Supremo, do mesmo xeito que fan outros Colexios.

O texto aprobado establece límites máximos nos aranceis nos que se basean os honorarios profesionais dos procuradores e non permite fixar un límite mínimo. Estes honorarios permanecen conxelados desde 2003 e non se actualizaron, “mentres que a inflación subiu un 44,5%”, polo que os procuradores vigueses consideran “inasumible” introducir agora modificacións á baixa sen aplicar previamente, “como mínimo”, unha actualización baseada no IPC oficial.

O decano do Colexio de Procuradores de Vigo, José Antonio Fandiño, sinalou que o Real Decreto “comporta unha desconsideración absoluta cara á actividade dos procuradores” e condénalles “” a cobrar polos seus servizos unhas cantidades que “non se adecúan á realidade”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...