InicioSociedadeRepublicanos de Vigo lembran a colocación hai 86 anos dunha placa no...

Republicanos de Vigo lembran a colocación hai 86 anos dunha placa no centro de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 14 de agosto de 2018 fixéronse 86 anos da colocación dunha placa na oliveira de Vigo por parte da corporación republicana de entón. Foi protexida cun enreixado de ferro e unha cancela e colocouse unha placa de bronce acreditando a promesa que perante ela, fixeron os vigueses de “amor, lealdade e abnegación pola nosa cidade”, en agosto de 1932, sendo alcalde o republicano Amando Garra.

Lembrando esa data un grupo de republicanos vigueses xuntouse na mesma praza 86 anos despois. Ademais, quixeron lembrar a traxedia acontecida en Xapón co lanzamento de dúas bombas atómicas.  Fixérono tamén fronte á oliveira, símbolo internacional da paz.

Durante a última gran guerra, EE.UU conseguiu a rendición xaponesa con dúas bombas atómicas que asolaron as cidades de Hiroshima e Nagasaki e as converteron no símbolo da traxedia .Anos máis tarde, o desenvolvemento das armas químicas e o aumento da tensión internacional levaron á Guerra Fría.

Xuntanza en memoria dos ataques atómicos / Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...