InicioSucesosPermanecen ingresadas 6 persoas das 442 que foron atendidas polo accidente do...

Permanecen ingresadas 6 persoas das 442 que foron atendidas polo accidente do Marisquiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade vén de informar de que permanecen ingresadas seis persoas a consecuencia do accidente ocorrido no festival do Marisquiño, despois de que no día de hoxe foran dadas de alta dous pacientes no Hospital de Povisa.

Continúan ingresadas catro personas no Hospital Álvaro Cunqueiro (un deles na UCI), unha no Hospital Povisa e outra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Ata as 18:00 horas de hoxe martes, foron atendidas un total de 442 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente, nos distintos dispositivos asistenciais.

Persoas son atendidas logo do accidente no concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

Por centros, 199 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 57 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 109 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 4 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

A Consellería de Sanidade agradeceu o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...