InicioCulturaNace en Vigo 13 editora, un novo selo en galego centrado no...

Nace en Vigo 13 editora, un novo selo en galego centrado no activismo

O activismo, a mobilización social e o pensamento crítico serán os alicerces sobre os que se sosterá este novo proxecto editorial, que se presentará en Vigo o próximo 14 de maio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

’13 editora’ é o nome da editorial que iniciará a súa andaina dende Vigo o próximo sábado, 14 de maio. O selo abre unha nova vía para a literatura galega a través da súa especialización en textos centrados no activismo e nos procesos de construción de contrapoder.

O obxectivo central da editorial é “propiciar a construción dun tecido social proactivo e analítico que contribúa a conformar un mundo máis xusto a través de olladas e discursos de carácter plural”, explica o equipo nun comunicado. Para iso publicará manuais e ensaios, tanto académicos como divulgativos, relacionados co eido do empoderamento e a organización colectiva.

O catálogo, indican, conformarase por títulos de autorías e xeografías diversas que tratarán cuestións relacionadas coa construción de alternativas e resposta social. Os libros permitirán que as persoas e as organizacións dispoñan de materiais de calidade cos que mellorar o seu funcionamento e impacto, así como a súa análise da realidade.

A editora, que tivo que adiar a súa saída por mor da COVID-19, desenvolverá a súa presentación no contexto da celebración do día das letras galegas, no Espazo Simia de Vigo ás 20:00, onde expoñerá as liñas principais do proxecto.

O selo 13 editora é un proxecto editorial sen ánimo de lucro de carácter independente que xorde ao abeiro de ECOAR))). A editorial é un proxecto de formación e información social, económica, política e cultural que pretende producir contidos que espallen o pensamento crítico e alternativo así como o coñecemento relacionado co eido do activismo e a mobilización social. Trátase dun “proxecto sostible e autoxestionado, que traballa dende un enfoque crítico”, sinalan nun comunicado.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...