InicioEconomíaPosible folga indefinida en Vitrasa tras o "fracaso" do período de mediación

Posible folga indefinida en Vitrasa tras o “fracaso” do período de mediación

CC.OO. indicou que continúa á espera de reunirse co alcalde, Abel Caballero, para expor "todas as irregularidades deste proceso".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sindicatos anunciaron este martes posibles mobilizacións e folga de traballadores da concesionaria do transporte público de Vigo, Vitrasa, tras o “fracaso” do período de mediación, que terminou a semana pasada.

Nun comunicado, Comisións Obreiras explicou que este sábado, día 7 de maio, terá lugar unha asemblea convocada polo comité de empresa onde se espera o apoio maioritario do persoal para afrontar as distintas mobilizacións e a folga, que apoian todas as organizacións sindicais con representación na compañía.

CC.OO. indicou que continúa á espera de reunirse co alcalde, Abel Caballero, para expor “todas as irregularidades deste proceso”. Para o sindicato, a dirección de Vitrasa quere responsabilizar os traballadores dunha “deficiente xestión dos recursos”, polo que a cidadanía de Vigo sufrirá os “danos colaterais”, xa que o servizo empeorará nos próximos meses froito do conflito.

“Non imos permitir que o persoal de Vitrasa sexa o que pague unha mala xestión da empresa”, reivindicou Comisione Obreiras.

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Vitasa, Imanol Arnoso (CIG), informou a Europa Press de que este sábado se abordará a posibilidade dunha folga indefinida contra as pretensións da dirección de non aplicar o convenio colectivo e rebaixar os soldos un 30% no que queda de ano e un 14% o ano que vén.

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...