InicioEconomía50.000 persoas pasaron polo Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo

50.000 persoas pasaron polo Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo

Alcanzou un volume de negocio próximo aos 14 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo pechou este domingo as súas portas no Instituto Feiral de Vigo cun balance de 50.000 visitantes e a sensación de que, tras o máis duro da pandemia, o certame recuperou a ‘normalidade’.

Con máis de 50 marcas de coches e motos, numerosas novidades e lanzamentos, ofertas especiais dos concesionarios e unha gran variedade de gamas e modelos, o Salón alcanzou un volume de negocio próximo aos 14 millóns de euros.

O pavillón das motos regresou nesta edición, tras a ausencia do ano pasado por problemas derivados da pandemia, con máis de 5.000 metros cadrados de exposición. Así, os moteiros encheron a zona de aparcadoiro habilitada no interior do pavillón, xunto á exposición.

Ademais, a organización celebrou o éxito das actividades complementarias, como a exposición de Ferrari, a mostra de coches de 1992, ou as diferentes versións dos R5. Agora, ‘quenta motores’ para a próxima cita, o XXII salón Motorocasión Vigo, que terá lugar do 5 ao 8 de maio, tamén no Instituto Feiral de Vigo. No recinto poderán verse uns 800 vehículos de ocasión de concesionarios oficiais da comarca con ofertas especiais.

As entradas para este evento poden adquirirse, a un prezo de 4 euros (nenos ata 10 anos gratis), na web www.eventosmotor.com, ou no despacho de billetes durante a celebración da feira.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...