InicioSucesosDesestiman un recurso de Pescanova contra a anulación da sanción a unha...

Desestiman un recurso de Pescanova contra a anulación da sanción a unha traballadora que denunciou acoso

"A partir da denuncia da traballadora, Nova Pescanova activou un protocolo de acoso moi particular, pensando máis nos seus propios intereses que na vítima", segundo indicou a CIG, xa que durante o proceso a compañía cometeu "todos os erros" como cambiar á vítima de posto de traballo mentres que o denunciado seguiu co seu emprego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado por Nova Pescanova contra a anulación da sanción imposta pola empresa a unha traballadora que denunciou acoso sexual e laboral por parte dun encargado.

Segundo lembra a CIG nun comunicado, o Xulgado do Social número 5 de Vigo anulou o ano pasado a sanción a unha empregada do Centro Industrial de Pescanova no Porriño, que previamente denunciara diante da empresa acoso sexual e laboral por parte dun encargado, condenando á compañía por vulnerar o seu dereito fundamental a non ser discriminada por razón de sexo e fixando unha indemnización para a afectada de 6.251 euros.

“A partir da denuncia da traballadora, Nueva Pescanova activou un protocolo de acoso moi particular, pensando máis nos seus propios intereses que na vítima“, segundo indicou a CIG, xa que durante o proceso a compañía cometeu “todos os erros” como cambiar á vítima de posto de traballo mentres que o denunciado seguiu co seu emprego.

Dita organización sindical asegura que a empresa “fixo todo o posible” por entorpecer a comisión de acoso encargada de investigar a denuncia. Tras iso, a dirección amoestou por escrito á traballadora acusándoa de entorpecer o traballo da comisión de acoso, feitos que a compañía cualificou de “moi graves”.

“Obviamente impugnamos a amoestación no xulgado reclamando a súa nulidade, e o xuíz non só dános a razón, senón que condena tamén á empresa por vulneración do dereito fundamental a non ser discriminada por razón de sexo e fixa indemnización para a traballadora”, engadiu a CIG.

Esta sentenza foi contra a que Nova Pescanova presentou recurso no TSXG, que este venres foi desestimado.

ÚLTIMAS

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

“A ameaza de carencia de auga é moi severa”, alerta o alcalde de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, exixiulle á Xunta que reduza "de forma inminente"...

Caballero carga contra os “ignorantes do PP” que non ven que o AVE por Cerdedo avanza “máis rápido que nunca”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso das críticas do PP da...

PP denuncia que o goberno de Vigo non pediu a axuda estatal de 3,5 millóns para bonificar o billete do bus urbano

O PP de Vigo denunciou este mércores que o goberno local non solicitou a...