InicioCulturaLove of Lesbian súmase aos concertos en Castrelos

Love of Lesbian súmase aos concertos en Castrelos

Será o 29 de xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu a coñecer este venres unha nova cita no calendario de concertos estivais que se celebrará no auditorio de Castrelos: o grupo Love of Lesbian ofrecerá os seus temas ao público vigués o 29 de xullo.

A banda de Santi Balmes volverá presentar en Vigo a súa ‘Viaje Épica a Ninguna Parte’ no marco da súa xira por cidades europeas e latinoamericanas, aínda que non é a primeira vez que actúan na cidade. De feito, xa estiveron no Auditorio Mar de Vigo en 2020 e 2021, e antes, en 2019, no Teatro Afundación.

Deste xeito, o programa de concertos de Castrelos conta coas actuacións de Sebastián Yatra (13 de xullo), Love of Lesbian (29 de xullo), Tanxugueiras (30 de xullo), Leiva (4 de agosto), Sting (6 de agosto), Lola Índigo (8 de agosto), Hombres G (14 de agosto) e Raphael (16 de agosto).

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...