InicioVigo e contornaVigoOs reis de España estarán en Vigo o 24 de maio para...

Os reis de España estarán en Vigo o 24 de maio para inaugurar a nova Cidade da Xustiza

Así o confirmou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello do goberno autonómico, que se reuniu en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A nova Cidade da Xustiza de Vigo, cuxas obras están a piques de finalizar, xa ten data de inauguración: será o 24 de maio, con presenza dos Reyes de España e do presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes.

Así o confirmou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello do goberno autonómico, que se reuniu en Vigo.

Feijóo, que visitou este xoves o novo edificio rehabilitado (e que ata hai uns anos era o Hospital Xeral Cíes) cos conselleiros do seu equipo, avanzou tamén que se convocará un concurso de ideas para a reforma dun dos edificios dos actuais xulgados, onde se habilitarán espazos para entidades sociais e para dependencias administrativas da Xunta.

Así mesmo, explicou que os actuais edificios dos xulgados, na rúa Lalín, xa teñen finalidade para cando se realice o traslado e queden baleiros. O inmoble que actualmente alberga as salas penais e seccións da Audiencia será o Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia, mentres que o outro edificio, o máis antigo, albegará espazos para entidades sociais e para dependencias administrativas da Xunta.

Precisamente, desvelou a convocatoria dun concurso de ideas para a reforma desas dotacións en colaboración co Colexio oficial de Arquitectos de Galicia. Prevese que o proxecto gañador presente a súa proposta en decembro e póidase licitar o contrato na primeira metade de 2023. En total, crearanse 134 espazos e o investimento estimado é de 12,5 millóns de euros.

Por outra banda, o presidente galego deu conta tamén de varios acordos do Consello relacionados coa cidade olívica, entre eles 5,7 millóns en investimentos para novas unidades e equipamentos no Hospital Álvaro Cunqueiro, 15,5 millóns para melloras de mobilidade ou 6,1 millóns para melloras en Cíes e outros arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...