InicioVigo e contornaVigoO reitor da UDC responde a Caballero sobre a nova facultade de...

O reitor da UDC responde a Caballero sobre a nova facultade de Medicina

Abalde incidiu en que a conformación do grao depende das universidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, replicou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que concretar a creación ou non dunha nova facultade de Medicina en Galicia corresponde ás universidades. “O mapa de titulacións é responsabilidade do Sistema Universitario Galego (SUG)”, sinalou, a preguntas dos xornalistas, tras a firma dun convenio con Inditex.

Fíxoo despois de que o rexedor olívico anunciase que demandará solicitar que a Universidade de Vigo teña a súa propia facultade de Medicina na cidade.  “É unha decisión universitaria e hai que tratalo dentro do sistema universitario”, expuxo Abalde sobre as demandas do alcalde de Vigo. Noutra orde de cousas, e preguntado que lle pedirá ao novo presidente da Xunta, ante a substitución de Alberto Núñez Feijóo, contestou que se manteña “o que funciona ben” e os aspectos “mellorables” tentar “melloralos”.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin da “batalla de egos” entre Xunta e Concello que bloquea a recuperación da ETEA

O BNG de Vigo volveu instar este mércores á Xunta de Galicia e ao...

O PP de Vigo denuncia un pago de 1,1 millóns a DomusVi polo servizo de Axuda no Fogar “sen contrato”

O PP de Vigo denunciou que o Concello terá que pagar 1,1 millóns de...

Caballero crítico co borrador da lei de administración local: “Home, o primeiro é o alcalde de Vigo’

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta que non se lle solicitase...

A Universidade de Vigo impulsa a dixitalización da acuicultura atlántica

Investigadores do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo participan no proxecto...