InicioVigo e contornaVigoO Xacobeo anegará Vigo este mes de xullo cunha peregrinación marítima

O Xacobeo anegará Vigo este mes de xullo cunha peregrinación marítima

Abel Caballero xa se amosou crítico en ocasións anteriores coa promoción do Xacobeo na cidade olívica. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Ría de Vigo converterase o próximo mes de xullo no “epicentro” da peregrinación marítima máis longa do mundo coa chegada dos grandes veleiros da Ruta Iacobus Maris. Así, a cidade deu este mércores o pistoletazo de saída da devandita peregrinación coa firma do convenio de colaboración entre a Fundación Traslatio e a Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 21-22.

Foi a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, a que anunciou a posta en marcha do proxecto, nun acto que contou coa presenza do presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, e do presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama, segundo recolle o Executivo autonómico nun comunicado. Abel Caballero, que non se desprazou, xa se amosara crítico en ocasións anteriores coa promoción do Xacobeo na cidade olívica. 

“O Goberno galego está presente hoxe de novo aquí para apoiar un evento que une cultura, tradición e patrimonio marítimo, porque a Iacobus Maris é unha ruta que achega valor engadido a Vigo e a Galicia”, reivindicou a representante autonómica. A Iacobus Maris supón o regreso a Galicia dos grandes veleiros en conmemoración da viaxe do corpo do Apóstolo Santiago ata Compostela. A ruta xacobea marítima estará dividida en catro etapas e visitará cinco portos ao longo dunha peregrinación que partirá da localidade italiana de Xénova o día 25 de xuño e chegará ao Porto de Vigo o 22 de xullo.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...