InicioEconomíaZona Franca de Vigo estuda crear unha nova aceleradora de empresas en...

Zona Franca de Vigo estuda crear unha nova aceleradora de empresas en Galicia

O delegado do Estado, David Regades, visitou o centro produtivo da empresa Bandalux en Moraña, xunto co director xeral da compañía, Miguel Comesaña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio da Zona Franca de Vigo estudará a proposta da firma galega Bandalux, que se postulou para crear unha aceleradora que permitirá impulsar novos proxectos empresariais en Galicia. O delegado do Estado, David Regades, visitou o centro produtivo da empresa en Moraña, xunto co director xeral da compañía, Miguel Comesaña.

“Zona Franca iniciou o proceso para pór en marcha unha nova aceleradora de empresas dun sector estratéxico da economía galega, tras o éxito de VíaExterior, MarExterior, CulturaExterior e VinoExterior”, subliñou Regades. Neste sentido, indicou que partindo de doce sectores económicos “clave” preténdese seleccionar unha empresa dun deles para que sexa a que lidere este programa.

Bandalux, que ten a súa sede en Moraña e conta con outras plantas en Barcelona, Italia e Miami, ten un proxecto para desenvolver un novo centro multifuncional de 7.000 metros cadrados en Galicia, onde pretende acoller unha aceleradora de proxectos empresariais.

A compañía naceu en 1986 co lanzamento ao mercado da cortina vertical. Nestes máis de 35 anos de historia, segundo recolle Zona Franca nun comunicado, evolucionou para seguir liderando o sector. Ademais do mercado residencial, tamén ofrece solucións para calquera proxecto arquitectónico ou de interiorismo a través da liña Contract e os seus estores chegan desde Moraña a catro continentes.

ÚLTIMAS

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...

Vigo acolle este sábado a X edición da carreira solidaria ‘Érguete e Corre’

A cidade de Vigo acollerá este sábado unha nova carreira do circuíto Run run...