InicioSociedadeDetido en Vigo por zarandear e encerrar a súa parella no coche

Detido en Vigo por zarandear e encerrar a súa parella no coche

O home, de 28 anos de idade, foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, J.C.L., de 28 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras zarandear a súa parella, á que mantiña encerrada nun coche sen deixala saír.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do sábado ao domingo pasado, cando unha dotación acudiu á rúa Alexandre Bóveda, alertada por testemuñas que viron un home con actitude violenta, golpeando coches estacionados e acompañado dunha muller.

Cando os axentes chegaron, non atoparon á parella na vía pública pero, ao facer un recoñecemento da zona, observaron que había unha parella no interior dun vehículo. O home atopábase agarrando á muller polas solapas e zarandeábaa violentamente, mentres ela tentaba saír do coche.

O funcionario chamou a atención do home desde o exterior, e indicoulle que soltase á muller e saíse do vehículo, aínda que o sospeitoso fixo caso omiso. Finalmente, o policía logrou que o home abrise a porta, momento que aproveitou a muller para saír. Un axente entrevistouse con ela, con certas dificultades, xa que era de nacionalidade estranxeira e non entendía ben o idioma.

Finalmente, conseguiu relatar que ambos eran parella e que, despois do partido do Celta en Balaídos foran tomar unhas cervexas. A discusión entre ambos comezou cando ela recriminou ao home que pretendese conducir tras consumir alcol e, no transcurso da rifa, o home encerrouna no coche, ata o momento en que chegou a Policía.

O sospeitoso mentres tanto permaneceu no coche e negouse a saír, polo que tivo que ser sacado polos axentes, que o reduciron, procedendo á súa detención como autor dun suposto delito de violencia de xénero. Así mesmo, contactaron cos donos dos coches danados para informalos de como proceder.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...