InicioMedio Ambiente e PatrimonioAnimalistas acusan a VigoZoo de "almacenar animais en mal estado, sen recuperalos"

Animalistas acusan a VigoZoo de “almacenar animais en mal estado, sen recuperalos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro meses despois do rexistro da Iniciativa Cidadá sobre o parque zoolóxico de Vigo por parte da Asociación Animalista Libera e da Fundación Franz Weber, “o goberno local non iniciou o expediente administrativo, incumprindo o seu propio Regulamento Orgánico de Participación Cidadá”, segundo aseguran as asociacións.

Os animalistas mostráronse moi críticos co proceder do Concello, ao entender que “se bloquea de forma interesada unha proposta que suscitaba a suspensión das actividades non educativas nas instalacións da Madroa, como son os aniversarios, que se continúan ofertando na páxina web do zoo”.

FFW e LIBERA! consideran que estas prácticas, “non pedagóxicas”, son contraproducentes, e serven para transmitir a imaxe e o traballo do parque como un suposto espazo conservacionista e que mantén entre a súa “colección” a varios animais provenientes de  actuacións contra o tráfico de especies, “aos que se somete a actividades de lecer que nada teñen que ver cun suposto centro de recuperación”.

Captura carpeta electrónica/ Libera!

O seguinte paso dos defensores dos animais será acudir ao Valedor do Cidadán, ao entender que se están vulnerando os seus dereitos políticos e a normativa local sobre participación veciñal.

Neste senso, os colectivos sinalaron “a necesidade de que Vigozoo transite cara a un novo modelo”, como levan insistindo nos últimos anos con proxectos similares noutras latitudes, como ZOOXXI, o xerme dunha iniciativa popular na cidade de Barcelona que “reconverterá” as instalacións da cidade condal nun verdadeiro recinto para rescatar e recuperar animais.

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber queren “fuxir da dinámica dun lugar que unicamente almacena animais en mal estado, sen ningún tipo de valor engadido e organizando aniversarios como forma de recadar diñeiro”.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Tres persoas feridas nun choque frontolateral entre dous vehículos en Vigo

Tres persoas resultaron feridas leves na mañá deste martes tras rexistrarse unha colisión frontolateral...

Piden máis de 16 anos de cárcere para un acusado de violar e roubar a unha muller en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará este...