InicioEconomíaA Cátedra Ardán renóvase por outros catro anos

A Cátedra Ardán renóvase por outros catro anos

Zona Franca e Universidade de Vigo veñen de firmar un novo convenio para dar continuidade a este modelo "de éxito" na investigación sobre a economía galega.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consorcio Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo (UVigo) renovaron o convenio para a Cátedra Ardán, tras catro anos dun modelo de “éxito” na investigación sobre economía en Galicia e na medición do desempeño do seu tecido empresarial.

Este luns, o delegado do Estado, David Regades, e o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, asinaron o acordo co obxectivo de “xerar e difundir” coñecemento sobre a competitividade de Galicia, para propiciar a mellora nas empresas e o apoio no deseño de políticas públicas “máis eficientes”.

“Ardán é un instrumento útil para unha sociedade que necesita basear a súa competitividade no coñecemento”, indicou Regades, lembrando que unha das liñas desenvolvidas, os Indicadores Ardán, “valéronlle ao Consorcio un premio do Ministerio de Facenda á Innovación na Xestión Pública no ano 2021”.

Pola súa banda, Reigosa mostrou a súa “satisfacción” polo percorrido feito entre as dúas institucións, resaltando que a Cátedra é un “bo exemplo” de cooperación institucional e que os resultados ao longo destes anos son “moi positivos” e “contribúen ao desenvolvemento da empresa galega”.

“A firma dun novo convenio para catro anos vai permitir que os traballos académicos se fagan con máxima seguridade e para que os indicadores Ardán continúen sendo un referente para a economía de Galicia“, reivindicou.

A Cátedra Ardán estableceuse en marzo de 2018 para crear un marco “estable” de colaboración na elaboración de investigacións sobre a economía de Galicia e o desempeño empresarial das compañías galegas, segundo explica Zona Franca nun comunicado. Nestes catro anos, a iniciativa suma prestixiosas persoas, catedráticas e investigadoras da UVigo, que traballan estreitamente co servizo de información empresarial do Consorcio para elaborar metodoloxías rigorosas e enfoques vangardistas sobre o desempeño empresarial.

ÚLTIMAS

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...