InicioVigo e contornaVigoDetido en Vigo por ameazar cun coitelo aos clientes dun bar

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo aos clientes dun bar

O home, de 56 anos, tivo que ser reducido pola policía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, C.A.F.G., de 56 anos de idade, como presunto autor dun delito de ameazas, tras intimidar aos clientes dun bar cun coitelo. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste xoves, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un establecemento hostaleiro da Avenida de Ramón Nieto, onde un dos clientes estaba a ameazar ao resto.

Ao chegar, varias testemuñas sinalaron a un home que se atopaba na vía pública e que, ao decatarse da chegada da Policía arroxara un coitelo que levaba ao chan, por baixo dun vehículo.

Os funcionarios dirixíronse ao sospeitoso, que presentaba un corte nun dedo polo que sangraba abundantemente e que se mostraba moi alterado. O home mantivo unha actitude hostil e pouco colaboradora, sen respectar a distancia de seguridade e metendo as mans nos petos constatemente.

Ante o risco de que puidese portar outra arma, e dada a súa actitude ameazante, os axentes inmobilizárono. Un das testemuñas explicou que o home iniciara unha discusión no interior do bar, e que mostrara un coitelo, mentres ameazaba de morte a varios dos presentes. Por estes feitos foi detido como presunto autor dun delito de ameazas graves e un intento de agresión con arma branca.

ÚLTIMAS

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...

Atopadas as primeiras ouriceiras fóseis de Galicia nunha praia de Vigo

O xeólogo Óscar Pazos acaba de informar do descubrimento das primeiras ouriceiras fóseis (icnofóseis...

Luz verde de Mos a unha nova licenza urbanística para continuar o desenvolvemento da cidade deportiva do Celta

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres unha nova licenza urbanística...

A UVigo desenvolve un novo tratamento para frear a artrose e rexenerar a articulación

Investigadores do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (Cinbio)...