InicioPolíticaNigrán pide ao Goberno "dar marcha atrás" na decisión sobre o Sahara

Nigrán pide ao Goberno “dar marcha atrás” na decisión sobre o Sahara

O rexedor socialista Juan González: "Non podemos abandonar o pobo saharui por cuestións de interese xeopolítico".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A corporación do Concello de Nigrán, integrada por PSOE e PP, aprobou unha moción que apoia o dereito de autodeterminación do pobo saharui e rexeita o cambio de rumbo adoptado polo Goberno español que preside Pedro Sánchez sobre o conflito con Marrocos polo Sahara Occidental.

A iniciativa, presentada polo executivo local e debatida pola vía de urxencia no pleno celebrado este martes, saíu adiante cos votos de populares e socialistas, que gobernan en solitario este municipio da área metropolitana de Vigo.

“Non podemos abandonar os saharauís por cuestións de interese xeopolítico, España ten un compromiso e unha débeda ineludible con eles. Confiamos en que o goberno reflexione e que escoite o sentimento de toda a cidadanía respecto diso”, asegurou o rexedor de Nigrán, o socialista Juan González, quen, ademais, preside o Fondo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Esta entidade promove a aprobación de mocións e iniciativas na mesma liña noutros municipios galegos. O de Nigrán foi o primeiro en toda Galicia que aprobou unha declaración en contra do xiro en política exterior sobre o Sahara Occidental adoptado este mes de marzo polo Executivo de Pedro Sánchez.

En concreto, o texto aprobado na corporación pontevedresa avoga por unha “saída dialogada” ao conflito que poña en práctica o ‘Plan de Arreglo’ subscrito en 1991 entre a Fronte Polisario e Rabat para a organización de referendo sobre a autodeterminación ou adhesión ao Reino de Marrocos.

Ademais, insta o Goberno español a “dar marcha atrás” no seu cambio de postura en favor da proposta de Marrocos de integrar o Sahara Occidental como autonomía dentro do seu Estado, á vez que solicita a Madrid que “deixe de lado a pasividade no proceso para dar paso a unha aposta decidida por esta solución”.

Así mesmo, reclama o cesamento inmediato da violencia e da vulneración de dereitos humanos que se dá en zonas ocupadas e apela ás autoridades internacionais a adoptar medidas contra a “impunidade” coa que Marrocos actúa no Sahara Occidental.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...