InicioPolíticaO BNG esixe medidas urxentes ante o "insoportable" aumento de prezos

O BNG esixe medidas urxentes ante o “insoportable” aumento de prezos

Piden intervir no sector eléctrico e no mercado da vivenda para controlar os prezos, ademais de incrementar os salarios máis baixos ata o 60% do soldo medio actual. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou este venres en Vigo unha batería de propostas para afrontar a “insoportable” situación actual de aumento de prezos, polo que pediu ao Goberno central e á Xunta medidas “urxentes”. “A situación é insoportable e non podemos permitir que tanto o Goberno do PSOE-Unidas Podemos como a Xunta do PP sigan paralizados”, reclamou a parlamentaria nacionalista e portavoz de Comercio do BNG, Carmela González.

Neste sentido, González lamentou que a poboación galega sofre esta crise con “máis intensidade”, cun incremento dos prezos “moi superior” á media estatal. Acompañada do concelleiro nacionalista de Vigo, Xabier P. Igrexas, visitaron o Mercado do Progreso para coñecer os efectos do aumento de prezos, constatando que a situación xa “vén de lonxe” e se agravou coa guerra de Ucraína.

Por todo iso, o BNG propuxo dez medidas concretas para un cambio de modelo económico e para atallar no curto prazo os efectos da crise. Entre as medidas atópanse unha baixada selectiva do IVE dos alimentos básicos, dos produtos do mar, de hixiene persoal ou do transporte público, a electricidade e o gas.

Tamén propón intervir no sector eléctrico e no mercado da vivenda para controlar os prezos, ademais de incrementar os salarios máis baixos ata o 60% do soldo medio actual. “Hai alternativa. Non nos podemos resignar a que este agravamento da crise se traduza nun novo saqueo contra a maioría social que representan as clases populares e traballadoras deste país”, lamentou Igrexas.

ÚLTIMAS

Caballero, feliz de que a A-52 entre Vigo e O Porriño está “absoluta e irreversiblemente en marcha”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores que, coa publicación no BOE...

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...