InicioSociedadeTanxugueiras actuarán na Gala Provincial de Turismo que organiza a Deputación de...

Tanxugueiras actuarán na Gala Provincial de Turismo que organiza a Deputación de Pontevedra este xoves

Na gala nomearase á Ruta do Viño como nova Embaixadora Rías Baixas e entregaranse os distintivos de calidade aos 163 novos establecementos de 27 concellos da provincia que obtiveron o selo SICTED de calidade turística.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra celebrará na tarde deste xoves no Auditorio Mar de Vigo a Gala Provincial de Turismo, que estará conducida por Xasmín Abuín e contará coa actuación de Tanxugueiras e Pablo Méndez Performance.

Tal como indicou a administración provincial nun comunicado, o evento encherá de cor, son e imaxe o Auditorio, cun gran espectáculo audiovisual cheo de sorpresas que, “ao máis puro estilo cinematográfico”, contará con photocall, alfombra vermella e un enorme escenario cunha pantalla curva de 17 metros de longo, onde se mostrarán todas as potencialidades do destino Pontevedra Provincia.

Máis de 350 persoas reuniranse nun evento que, baixo o fío condutor da campaña ‘Love Rías Baixas’, contará coa música de Tanxugueiras e co show de Pablo Méndez Performance. “Vai ser impresionante. Temos preparada a mellor gala dos últimos anos”, subliñou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Na gala nomearase á Ruta do Viño como nova Embaixadora Rías Baixas e entregaranse os distintivos de calidade aos 163 novos establecementos de 27 concellos da provincia que obtiveron o selo SICTED de calidade turística.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...