InicioCulturaA Fundación Laxeiro reivindica o legado do artista e galardoa a Rodrigo...

A Fundación Laxeiro reivindica o legado do artista e galardoa a Rodrigo Romaní e ao grupo Atlántica

A Real Academia Galega de Belas Artes dedica a Laxeiro o Día das Artes Galegas en 2022.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Laxeiro realizou este mércores unha ofrenda floral no busto que o artista ten na cidade de Vigo e entregou os premios que levan o seu nome ao grupo Atlántica (2022) e a Rodrigo Romaní (2021), que por motivos da pandemia quedou sen entregar o ano pasado.

Así, o alcalde da cidade olívica e presidente da Fundación, Abel Caballero, encabezou un acto celebrado na sede da entidade, na Casa das Artes, segundo recolle o Concello nun comunicado. Na súa intervención, Caballero valorou a “irrepetible capacidade creativa” de Laxeiro e emprazou á Fundación a universalizar a súa figura. “A cultura universal merece coñecer a Laxeiro, que se ten que unir a ese grupo de grandes artistas do mundo. Ese ten que ser o noso labor, este ten que ser o contido da Fundación”, reivindicou.

As conmemoracións deste mércores coinciden co 114 aniversario do pintor, nacido o 23 de febreiro de 1908 en Lalín. O Premio Laxeiro 2022 foi para o grupo Atlántica, agrupación artística creada en 1980 con propósito de reactivar as artes plásticas en Galicia.

Pola súa banda, o galardón de 2021 recaeu en Rodrigo Romaní, recoñecendo a súa vida dedicada á renovación e á difusión do folclore galego, así como o seu labor docente no Conservatorio de Música tradicional da Escola de Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Neste sentido, o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, tamén participou no acto, destacando a oportunidade que supón este ano para divulgar o legado do artista, xa que a Real Academia Galega de Belas Artes dedica a Laxeiro o Día das Artes Galegas en 2022.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...