InicioSociedadeUn "exceso de demanda" puntual esgotou as vacinas no Ifevi, segundo o...

Un “exceso de demanda” puntual esgotou as vacinas no Ifevi, segundo o Sergas

As persoas que estaban na cola para vacinación sen cita tiveron que agardar a chegada dunha nova remesa para seren vacinadas na mañá deste mércores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) atribúe a un “exceso de demanda máis da previsible” puntual que se esgotasen este mércores pola mañá as doses contra a Covid-19 na vacinación libre no recinto feiral de Vigo (Ifevi), tras o que se repuxeron para seguir coa inmunización.

Así o aseguraron a Europa Press fontes sanitarias, que puntualizaron que ao quedar sen doses na mañá deste mércores, avisaron ás persoas que estaban na cola para vacinación libre, sen cita, que se solicitaron máis e que, ou ben podían esperar ou regresar máis tarde.

As mesmas fontes sanitarias aseguraron que este mércores pola mañá “acudiu moita xente vacinarse” no Ifevi e, tras pedir unha nova remesa de doses, o transporte atrasouse entre “30 e 45 minutos”. Respecto das persoas que agardaban para vacinarse, as mesmas fontes aseguraron que algunhas optaron por marchar e outras “esperaron” á chegada das novas vacinas. Unha vez que recibiron as doses os equipos de vacinación, seguiron coa administración.

ÚLTIMAS

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...