InicioVigo e contornaVigoVigo prepárase para acoller os exames do mar da Xunta de Galicia

Vigo prepárase para acoller os exames do mar da Xunta de Galicia

A matrícula das probas para conseguir a titulación de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente abre este luns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería do Mar abre este luns o prazo de matrícula para os exames comúns de carácter libre para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. O prazo de matriculación permanecerá aberto ata o 14 de marzo e as probas, de carácter teórico e práctico, realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, en Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico- Pesqueira de Ribeira.

Segundo explican nun comunicado, a convocatoria e demais documentación necesaria para concorrer a estas probas está publicada na web da Consellería. Para mariñeiro pescador, o exame teórico-práctico será o día 25 de abril no tres centros formativos dependentes da Xunta. O mesmo ocorre no caso das titulacións de patrón local de pesca (sección máquinas), o próximo 26 de abril, e no caso das de patrón local de pesca (sección ponte e común), coa celebración do exame o 27 de abril.

Por último, as probas para a titulación de patrón costeiro polivalente (sección máquinas) serán o 28 e 29 de abril e as de patrón costeiro polivalente (sección ponte) terán lugar o 2 e o 3 de maio. Os interesados en participar nas probas terán que cumprimentar a solicitude que figura como anexo II da Orde do DOG e cumprir as condicións de acceso establecidas para as distintas titulacións. O modelo de solicitude está dispoñible na Guía de Procedementos e Servizos.

SOLICITUDES

As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Con todo, especifican que opcionalmente tamén poderán tramitarse de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa ou formalizarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os aspirantes.

Unha vez finalizado o prazo de solicitude de inscrición, farase pública a listaxe provisional dos aspirantes admitidos e excluídos na páxina web da Consellería e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de dez días hábiles para que os excluídos poidan emendar as deficiencias.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...