InicioSociedadeMobilización dos pensionistas en Cangas o vindeiro 12 de febreiro

Mobilización dos pensionistas en Cangas o vindeiro 12 de febreiro

Piden unha subida das pensións do 5,5% para manter o poder adquisitivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Novemento Galego pola Defensa das Pensións e dos Servizos Públicos (Modepen) concentrouse este xoves na Coruña para “esixir” o mantemento do poder adquisitivo e a subida dos subsidios mínimos.

O membro de Modepen Manuel Gundín argumenta que as pensións “teñen que aumentar de acordo co IPC real acumulado, que está nun 5,5% segundo o INE, pero está a aplicarse un IPC medio do 2,5%”. Por tanto, afirma que perden un 3% de poder adquisitivo. En consecuencia, desde a asociación reclaman “o aumento dese 3% no ano 2021 e tamén, en 2022”.

Desde esta asociación, manifestan que van seguir “pelexando” para que o sistema público de pensións non se privatice. Doutra banda, aseguran que “se necesita” que o salario dos traballadores aumente para que á súa vez repercuta nas pensións. Piden que ningunha pensión de xubilación se sitúe por baixo do salario mínimo e que este sexa “o 60% do salario medio”.

O concelleiro de Marea Atlántica e deputado provincial da Coruña, Alberto Lema, asegurou durante este acto que vai a prensentar “unha moción á Deputación da Coruña como mostra de apoio ao colectivo de pensionistas”.

MANIFESTACIÓNS O 12 FEBREIRO

As organizacións de pensionistas de diferentes pobos e cidades de España asinaron un manifesto convocando unha mobilización conxunta e descentralizada para defender unhas pensións dignas e de carácter público. En Galicia, celebraranse o 12 de febreiro, ás 12 horas, en Ribadeo e Cangas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...