InicioA Eurocidade Tui-Valença fai dez anos

A Eurocidade Tui-Valença fai dez anos

Este xoves, 10 de febreiro, terá lugar o acto oficial conmemorativo. Están previstas unhas xornadas, visitas guiadas e un concerto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu décimo aniversario, este xoves, 10 de febreiro, cun conxunto de actos que se prolongan até este sábado día 12. O acto oficial conmemorativo desenvolverase este xoves, ás 13.30 hora española, na antiga Alfándega de Valença. No mesmo estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o director da AECT da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, Nuno Almeida, e o presidente da CCDR-Norte e presidente da Comunidade de Traballo Galicia -Norte de Portugal, António Cunha.

No transcurso deste acto terá lugar a sinatura do protocolo de cooperación entre a Eurocidade Tui-Valença e a AECT Galicia – Norte de Portugal que da amparo institucional á Eurocidade.

Xa pola tarde, ás 16.30 h no auditorio da ESCE Valença, celebraranse unha serie de conferencias e mesas redondas co título “10 Anos da Eurocidade Tui-Valença: balance e novos desafíos”. A intervención de apertura correrá a cargo de Jesús Gamallo, director de Relacións Exteriores e con UE, Xunta de Galiza. A continuación terán lugar os relatorios “Eurocidades, o Papel na Cohesión Territorial”; “A Cooperación Transfronteiriza e as oportunidades para Galicia e o Norte de Portugal”; e “Dinámicas Empresariais en contexto Covid19 e Estatuto do Traballador Transfronteirizo”.

O venres realizaranse dúas visitas guiadas gratuítas á Eurocidade. Ás 15.30 hora española saíra da Loja de Turismo de Valença un percorrido polo centro histórico valenciano, e unha hora despois, ás 16.30 hora española partirá da Oficina de Turismo de Tui, no Paseo da Corredoira, un percorrido polo conxunto histórico de tudense. En ambos casos é preciso reserva previa no teléfono 00 34 617 49 81 03 ou no correo biblioteca@tui.gal (Tui) e no 00 351 251 80 60 80 e en nmuseologico@cm-valenca.pt (Valença).

Os actos conmemorativos do 10º aniversario da Eurocidade Tui-Valença pecharanse o sábado, 12 de febreiro, ás 20 hora española no Teatro Municipal de Tui co concerto que ofrecerán a Orquestra do Conservatorio de Tui e da Academia de Música da Fortaleza de Valença. A entrada é gratuíta, sendo preciso reservar previamente a entrada en www.tui.gal

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...