InicioPolíticaPiden que os condenados polo 'enchufe' da cuñada de Carmela Silva paguen...

Piden que os condenados polo ‘enchufe’ da cuñada de Carmela Silva paguen os intereses da indemnización ao Concello de Vigo

A asociación Xuntos por Galicia cifra a cantidade en 15.750 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación Xuntos por Galicia, que exerceu a acusación no proceso contra un alto funcionario do Concello de Vigo e o xerente dunha concesionaria polo ‘enchufe’ dunha cuñada de Carmela Silva, solicitou á Audiencia que ambos os condenados abonen os intereses devengados na indemnización que tiveron que pagar ao Concello de Vigo.

Así, a Audiencia condenou ao funcionario (agora xubilado), Francisco Javier G.O., á pena de 5 anos e 3 meses de cárcere por prevaricación, malversación e falsidade; e ao xerente, Ramón C.A., a un ano e medio de prisión. Ambos os dous debían indemnizar solidariamente o Concello en algo máis de 108.000 euros, que foi o diñeiro que cobrou a cuñada de Silva polos varios contratos subscritos, e por uns traballos que non chegou a realizar.

Os dous pagaron xa a responsabilidade civil, por eses 108.000 euros, pero a asociación Xuntos dirixiuse á Audiencia para reclamar que abonen tamén os intereses devengados, e que cifran nuns 15.750 euros.

ÚLTIMAS

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...