InicioSociedadeDenuncian a temporalidade de PSA Vigo: "Desde 2000, o 99% dos contratos...

Denuncian a temporalidade de PSA Vigo: “Desde 2000, o 99% dos contratos son a tempo parcial”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CUT vén de acusar de falta de responsabilidade social a fábrica PSA-Citroën en Vigo: “Desde o 2000 o 99,99% dos contratos do taller son a tempo parcial. A gran maioría do emprego en PSA actualmente xa é a tempo parcial, polo que estes días que non traballamos (por problemas de subministro de pezas, nesta ocasión) non cobran salario nin xeran pagas extras e demais conceptos salariais”.

As necesidades industriais provocan aumentos e paróns de produción que, segundo denuncian dende CUT, pagan tódolos axentes excepto a propia empresa: “Estas incidencias  son asumidas na súa totalidade con cargo as xornadas de traballo dos traballadores e os seus salarios. A Empresa estas perdidas produtivas non dubidamos que as vai cobrar
economicamente aos diferentes seguros, ou as empresas encargadas de subministrar as pezas en tempo e forma”.

Ao non existir practicamente stocks, a produción é “just in time” e calquera problema dun provedor pode parar a fábrica de forma súbita durante días. Pero entón, denuncia a CUT, “a Empresa cobra dos seguros, dos provedores, e dos traballadores na súa cotización, salarios ou bolsa de horas. Ela nunca perde nin asume risco”.

“Nunha fábrica de case 6000 traballadores actualmente, no taller pola contra só quedan 1500 traballadores con contrato de 8 horas, sen cláusulas de parcialidade“, lamentan.

PSA Citroen
PSA Citroen/ Miguel Nuñez

A orde de traballar ou parar un día determinado queda ao libre arbitro empresarial en
función das necesidades produtivas, “cunha comunicación previa de 24 horas ou incluso en casos imprevistos con comunicación de escasas horas previas o inicio a xornada de traballo”, asegura a CUT que está estudando denunciar ante xurisdición social, xa que, defenden, Inspección de Traballo non actúa.

Estiman a denuncia porque “o estatuto dos traballadores establece que as modificacións horarias deben de comunicarse ao traballador polo menos con 3 días de antelación, e as xornadas de traballo con 5 días”.

Ademais, sosteñen a falsidade do publicado nos medios de comunicación de que PSA adiantou as vacacións: “Serán como sempre de 6 a 26 de agosto, porque estes días da semana son de adecuación para algúns casos (os que menos), e para outros de consumo de Bolsa de Horas, e para unha gran maioría días sen salario e cotizacións ás portas das vacacións”.

CUT Citroen
Sindicalistas da CUT-Citroën/Miguel Nuñez

“Esta e a situación real de precariedade deste Centro, o mais produtivo do Grupo PSA que vén de anunciar números récord de beneficios. A responsabilidade social de PSA Vigo é 0, cando o artigo 30 do estatuto dos traballadores establece: “Si el trabajador no pudiera prestar sus servicios una vez vigente el contrato porque el empresario se retrasare en darle trabajo por impedimentos imputables al mismo y no al trabajador, este conservará el derecho a su salario, sin que pueda hacérsele compensar el que perdió con otro trabajo realizado en otro tiempo”.

Ademais, “agora en debate a caixa da seguridade Social, estes traballadores as que non se lles paga o salario por estar a fabrica parada, tampouco cotizan a Seguridade Social polo tanto, nin o fai a Empresa”. 

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Salvar a Ría de Vigo e recuperar a saude pública

Dende esta primaveira un grupo crecente de persoas e asociacións da cidade de Vigo...

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Un veciño de Vigo recibirá máis de 12.000 euros tras caer nunha escaleira mollada sen sinalización

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...