InicioSucesosTrasladan a un matrimonio afectado polo fume dun incendio na súa vivenda

Trasladan a un matrimonio afectado polo fume dun incendio na súa vivenda

Ardeu o salón e a vivenda na súa totalidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un matrimonio tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios de urxencias ao Hospital Povisa tras resultar afectado por inhalación de fume debido a un incendio ocorrido de madrugada na súa vivenda, situada na rúa de Gerona de Vigo.

O 112 Galicia, segundo informa, tivo constancia do suceso ao fío das 4,30 horas da mañá a través do persoal sanitario. De acordo co seu relato, un particular informáralles dun sofá ardendo no domicilio, posiblemente por mor dunha manta eléctrica.

Con estes datos, os xestores da central do 112 pasaron aviso de inmediato aos bombeiros de Vigo e á Policía Local da cidade. Unha vez acabou coas chamas, o equipo de extinción indicou que ardera o salón da vivenda na súa totalidade e que o lume causara “moitos danos”.

Ademais, sinalou que un home había resultado afectado o fume. De feito, mentres o lume seguía activo, o home refuxiouse na terraza debido á fumareda que se acumulou na casa.

Finalmente, o 061-Urxencias Sanitarias confirmou o traslado do matrimonio ao Hospital Povisa de Vigo.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...