InicioEconomíaOs parques eólicos non melloraron a vida dos veciños no rural en...

Os parques eólicos non melloraron a vida dos veciños no rural en Galicia

A Universidade de Vigo presena un estudo que pon na balanza o retorno e beneficios que supuxo a instalación dos parques eólico no conello lucense de Muras. O concello coa media de MW por quilómetro cadrado máis alta de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Os nosos veciños e veciños están igual ca antes malia o impacto que veñen sufrindo. Non hai ningún concello en toda España que se mova nas cifras de Muras: 1,6 MW por quilómetro cadrado instalados, cando a media da comunidade galega son 0,14 MW”. Son as duras críticas que realizou o rexedor de Muras, Manuel Requeijo, con varios parques instalados no concello.

O rexedor murense fixo estas declaracións hai uns días na presentación dun estudo encargado a dous investigadores e docentes da Universidade de Vigo sobre o impacto que teñen os parques eólicos no municipio chairego, o que máis aeroxeradores ten en Galicia.

A media que percibiron os mureses polo alugueiro dos seus terreos para a colocación dos muíños é do 1,5%, moi inferior ao resto de Galicia, porque noutras zonas é do 3%. Por riba dende 2010 a Xunta recadou nos parques eólicos de Muras 2,2 millóns de euros, dos cales o Concello só percibiu unha cuarta parte, 500.000 euros ao ano.

Os autores de “Enerxía eólica en Muras: análise do seu impacto territorial, económico, ambiental e enerxético” son Xabier Simón e María Montero, docentes de Economía Aplicada e Macroeconomía na Universidade de Vigo e expertos en renovables. “Terra Chá é motor da enerxía eólica en Galicia pero desgraciadamente esta nova renda non permitiu correxir os problemas estruturais en poboación, renda, emprego, non atopamos indicadores que nos permitan afirmar que houbo unha relación positiva entre investimentos eólicos, produción de enerxía renovable e cambio nas condicións de vida dos veciños”, dixo Xabier Simón.

Simón e Montero forman parte do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo, equipo que traballa para mudar o sistema socioeconómico poñendo o foco nas persoas e as comunidades e cunha dimensión ambiental e social. Tamén lidera o Observatorio Eólico de Galicia, o OEGA, que leva máis de 10 anos estudando os procesos vinculados cos parques eólicos no mundo rural galego.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...