InicioEconomíaCíes Patrimonio da Humanidade e luces de Nadal, proposta de Vigo en...

Cíes Patrimonio da Humanidade e luces de Nadal, proposta de Vigo en Fitur

A cidade estará presente na Feira Internacional do Turismo co obxectivo de facer un "lanzamento da afluencia turística" da zona, segundo Abel Caballero. A presentación da proposta de Vigo celebrarase en Madrid o 20 de xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cíes Patrimonio da Humanidade e o Nadal de Vigo serán os núcleos centrais da proposta que a cidade levará á Feira Internacional do Turismo (Fitur), que se celebrará en Madrid desde o vindeiro mércores, 19 de xaneiro, ata o domingo 23.

Tal como informou o alcalde, Abel Caballero, será o xoves, 20 de xaneiro, cando Vigo faga a súa presentación en Fitur. A partir das 16,00 horas, o propio Caballero estará acompañado da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. O lugar elixido polo Concello será a caseta de Turespaña, “a sede turística máis importante de todo Fitur”, segundo destacou o rexedor vigués. “Queremos que teña importancia a proposta de Vigo”, engadiu, tras agradecer a Maroto a súa asistencia.

En concreto, a presentación de Vigo terá dous eixos principais: Cíes Patrimonio da Humanidade e o Nadal. Entre as dúas desenvólvese gran parte do turismo que a cidade recibe cada ano. O slogan que se utilizará será ‘Vigo, o mundo na cidade’, xa que a urbe se sitúa como o escenario compartido tanto do Nadal como do arquipélago.

Caballero destacou a relevancia mundial das Illas Cíes, “que aparecen nos principais xornais de todo o planeta”, así como do Nadal de Vigo, “que aparece en todos os xornais do mundo, os máis importantes e os menos importantes”.

“Imos facer coa nosa presentación e coa ministra de Turismo á beira un eixo central para o lanzamento da afluencia turística á cidade”, subliñou o alcalde, que indicou que en termos relativos sobre a poboación e a economía, o turismo que recibe Vigo é “colosal”. “Ademais é un turista que gasta”, subliñou Caballero, mostrando o seu orgullo ao comentar que Vigo recibiu máis de cinco millóns de visitantes no último Nadal.

FITUR 2022

O recinto feiral Ifema de Madrid volverá acoller este xaneiro Fitur, que ocupará un total de oito pavillóns, onde estarán representadas todas as comunidades autónomas, cunha gran oferta dos destinos do Estado, novas empresas, e unha maior presenza internacional. En total, Fitur reunirá ao redor de 100 países con 70 representacións oficiais.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...