InicioSociedadeA Xunta pedirá a licencia de primeira ocupación da Cidade da Xustiza...

A Xunta pedirá a licencia de primeira ocupación da Cidade da Xustiza de Vigo

Os fiscais vigueses terán á súa disposición unha planta do edificio, cunha superficie de máis de 2.300 metros cadrados, onde estarán situados ata 41 despachos, salas de espera, salas de xuntas ou salas de toma de declaracións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia pedirá este mes ao Concello de Vigo a licenza de primeira ocupación da Cidade da Xustiza, coa obra xa superando o 98% da súa execución, segundo avanzou este venres o vicepresidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda.

Así o sinalou Rueda nunha visita ás novas instalacións xudiciais de Vigo despois de presidir, xunto co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, a Comisión Mixta de Coordinación con Fiscalía.

Neste sentido, os fiscais vigueses terán á súa disposición unha planta do edificio, cunha superficie de máis de 2.300 metros cadrados, onde estarán situados ata 41 despachos, salas de espera, salas de xuntas ou salas de toma de declaracións.

Alfonso Rueda indicou que a nova infraestrutura acollerá 38 unidades xudiciais e que se trata da obra xudicial “máis importante da historia” de Galicia, tras un investimento de máis de 42 millóns de euros por parte da Xunta.

“Xa falta menos para que este representativo e emblemático edificio da cidade olívica volva ter uso e arranque como a gran sede xudicial que Vigo e comarca necesita“, engadiu Rueda, en relación a que o novo edificio xudicial é froito da rehabilitación do antigo Hospital Xeral da cidade.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...