InicioPolíticaO Concello acusa a Asociación Veciñal de Teis de mentir en defensa...

O Concello acusa a Asociación Veciñal de Teis de mentir en defensa da Xunta e a “antiga Zona Franca”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis, nas últimas horas, vén de culpar tanto á Xunta de Galicia como ao Concello de Vigo do mal estado dos espazos da ETEA, pedindo unha maior cooperación entre ambas administracións.

Pola súa banda, o goberno xa respostou a estas declaracións, aclarando que “todos os espazos da ETEA competencia do Concello están atendidos e coidados. O pavillón deportivo e o campo de fútbol están arranxados e en estado óptimo; e os grandes viais e o paseo, en bo estado”.

Pola contra, “o parque infantil e os espazos interiores, competencia da Xunta de Galicia, están desatendidos”, segundo o Concello de Vigo. Polo tanto, acusan á Asociación de Veciños de mentir: “Sábeno e minten, como sempre fixeron”.

“A praia da Punta non ten area porque Costas non autorizou ao Concello a construír o espigón. A Asociación de Veciños segue mentindo, non está no barrio, está na política e intenta desculpar á Xunta de Galicia e á antiga Zona Franca”, selaron.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...