InicioSociedadeProcuradores e avogados de Vigo piden nomear unha sala do novo Palacio...

Procuradores e avogados de Vigo piden nomear unha sala do novo Palacio de Xustiza como Antonio Romero, ex xuíz decano

O maxistrado faleceu en febreiro do ano pasado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os procuradores e avogados de Vigo uníronse para reivindicar a figura do ex xuíz decano Antonio Romeu, polo que solicitaron formalmente á Xunta nomear unha das salas do novo Palacio de Xustiza co seu nome.

O maxistrado Romeu, que faleceu no mes de febreiro do ano pasado, exerceu en Vigo desde os anos 80 cando os xulgados estaban aínda situados na rúa do Príncipe. Decano dos xulgados vigueses nos anos 90 e gran defensor da Xustiza viguesa, é considerado unha figura “crave” no desenvolvemento e modernización da administración xudicial na cidade, segundo recollen nun comunicado o Colexio de Procuradores de Vigo.

“A posta en marcha da nova Cidade da Xustiza en Vigo é un feito determinante para o futuro de todos os profesionais da Xustiza na nosa área, do mesmo xeito que o foi a creación das salas da Audiencia provincial. Dous momentos da historia da Xustiza de Vigo que cremos deben estar vinculados por un mesmo nome, o do maxistrado emérito do Tribunal Supremo e Vigués Distinguido, Antonio Romeu Lorenzo”, destacaron os Colexios de Procuradores e Avogados de Vigo na súa carta á Xunta.

A petición dos profesionais súmase á realizada polo pleno de maxistrados da Audiencia Provincial de Pontevedra, que solicitan o recoñecemento público para Romeu na Cidade da Xustiza.

ÚLTIMAS

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...

Un camión que atravesou a mediana provocou colas quilométricas na AP-9 en Vigo

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras saírse da vía un...