InicioVigo e contornaVigoDecretan prisión para o sospeitoso dun asasinato en Vigo

Decretan prisión para o sospeitoso dun asasinato en Vigo

O rapaz D.M.C, de 21 anos, foi atopado coa documentación dun home falecido por arma branca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xuíza de Instrución número 5 de Vigo acordou este venres o ingreso en prisión comunicada e sen fianza de D.M.C., de 21 anos de idade e veciño de Monforte, detido o pasado martes pola súa presunta vinculación co asasinato dun veciño de Vigo, que foi localizado cun corte profundo no pescozo no seu domicilio da rúa Arenal.

Fontes xudiciais confirmaron a medida de prisión para o sospeitoso, investigado por asasinato (homicidio agravado), sen prexuízo de que durante a instrución se determine a posible comisión dalgún outro delito. O mozo pasou a disposición do xulgado na tarde deste venres e, compareceu ante a xuíza durante pouco menos dunha hora, aínda que non quixo prestar declaración, do mesmo xeito que xa fixera en Comisaría, onde tamén gardou silencio.

D.M.C. foi arrestado pola Garda Civil nun control de tráfico en Silleda, cando viaxaba nun vehículo con outras persoas. Ao identificalos, os axentes comprobaron que o mozo tiña no seu poder a documentación e cartóns de crédito dun veciño de Vigo, coas que realizara varias compras.

Tras avisar á Policía Local e Policía Nacional da cidade, estes puxéronse en contacto con familiares, que facilitaron o acceso dos axentes ao piso da vítima, no número 136 da rúa Arenal. Os funcionarios, ao entrar no domicilio, localizaron o corpo sen vida de Benito T.S., de 69 anos de idade, profesor xubilado, antigo edil socialista nas Neves e vinculado ao movemento sindical. O cadáver do falecido, que podería levar varios días na vivenda, presentaba feridas por arma branca, entre elas un profundo corte no pescozo, ademais de golpes na cabeza.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...