InicioCulturaA exposición sobre Antonio Palacios poderá visitarse ata o 31 de marzo...

A exposición sobre Antonio Palacios poderá visitarse ata o 31 de marzo dada a “gran acollida do público”

O Museo do Mar celebra o seu 20 aniversario cunha programación conmemorativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia decidiu prolongar dous meses —ata o 31 de marzo— a exposición en homenaxe ao arquitecto Antonio Palacios, instalada no Museo do Mar de Galicia. Segundo informou a Consellería de Cultura nun comunicado, a decisión tomouse nunha das últimas reunións do Padroado do museo, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

A mostra abriu ao público o pasado mes de novembro e estaba previsto que continuase ata finais de xaneiro, pero agora farao ata o 31 de marzo “dada a gran acollida do público”. “A decisión responde o éxito de visitas rexistradas desde a súa apertura, con máis de 4.000”, explican.

Comisariada polo catedrático da Universidade de Santiago, Jesús Ángel Sánchez García, a exposición presenta máis de 200 pezas, algunhas nunca expostas. Entre elas, a réplica da maqueta do Plan Palacios para Vigo, elaborada por alumnado do IES Politécnico da cidade.

O público que visite a exposición poderá achegarse tanto á produción arquitectónica como ás inquietudes artísticas e ás iniciativas culturais de Antonio Palacios durante a súa traxectoria vital entre Galicia e Madrid. Farano a través de tres ámbitos: ‘Arquitecturas para a modernidade’, ‘Os apoios na tradición e na historia’ e ‘A construción dunha identidade’. Esta iniciativa enmárcase no programa de actividades impulsado polo Goberno autonómico con motivo do ‘Ano Palacios’.

ANIVERSARIO MUSEO DO MAR

Por outra banda, o Padroado abordou tamén na súa última reunión a celebración en 2022 do 20 aniversario do Museo do Mar. Acordaron traballar nunha programación conmemorativa “que contribúa á divulgación da institución, dos seus fondos e das numerosas actividades que promove para todos os públicos”.

Abordouse tamén o balance de 2021, que deixou unha elevada actividade no centro: pasou dos 21.219 visitantes aos 31.000. O maior aumento, indican, produciuse no verán. Durante os meses de xullo, agosto e setembro “duplicouse o número de visitas con respecto a 2020, ao pasar de 6.385 a 11.535”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...