InicioSuspendida a 1ª San Silvestre de Tui pola incidencia da covid

Suspendida a 1ª San Silvestre de Tui pola incidencia da covid

Tendo en conta a actual situación epidemiolóxica, dende o Concello decidiron que o máis sensato era a suspensión da proba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A 1ª San Silvestre Popular de Tui que se ía celebrar este venres, 31 de decembro, pola mañá vén de ser suspendida ante a actual incidencia da covid tanto a nivel de Galicia, da Área Sanitaria de Vigo coma do propio
municipio de Tui.

O Concello de Tui vén de acordar a suspensión desta proba non competitiva xa que suporía a reunión de máis de 350 persoas, que estaban xa inscritas, e tendo en conta a actual situación epidemiolóxica e o carácter non só deportivo senón tamén lúdico da proba, consideran que é a decisión máis acertada.

Esta 1ª San Silvestre estaba a ter unha gran aceptación coma demostra as máis de 350 persoas inscritas. Todas elas recibirán nas próximas horas un correo electrónico comunicando a suspensión deste evento deportivo.

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, agradece a acollida que esta carreira espertou, así do mesmo xeito que traslada o seu agradecemento ao Club Atletismo Tui, asociacións e empresas a colaboración prestada para a organización deste evento. Agarda que o próximo ano poida celebrarse en Tui unha San Silvestre.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que “dada a situación que nos atopamos e tendo en conta que tiñamos un alto número de inscritos, e aínda que é certo que a nivel oficial non se restrinxe a actividade deportiva, non é menos certo que a proba non so tiña un carácter deportivo senón tamén que tivese un compoñente lúdico, e como con ese compoñente non se pode contar, o máis sensato é a súa suspensión”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...