InicioVigo e contornaO PorriñoAdif adxudica a construción dunha vía de 750 metros no Porriño

Adif adxudica a construción dunha vía de 750 metros no Porriño

Servirá para aumentar a capacidade dos trens.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Administración de Adif autorizou a adxudicación da construción dunha vía de apartado de 750 metros de lonxitude no apartadero das Gándaras, no Porriño por 5,1 millóns e un prazo de execución de 11 de meses. O tramo está situado na liña férrea de ancho convencional Monforte de Lemos- Bifurcación Chapela e a actuación enmárcase na potenciación do Corredor Atlántico, que inclúe a conexión ferroviaria con Galicia a través do eixo A Coruña-Vigo-Ourense-León, promovendo os tráficos de mercadorías.

Así mesmo, conforme sinalou Adif, a execución desta obra permitirá tanto a formación e expedición de trens con lonxitudes de 750 metros xerados na propia terminal como o cruce de trens de lonxitudes de 750 metros, o que permitirá aumentar a capacidade da liña. O contrato, foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas (UTE) integrada por Dragados e Tecsa Empresa Construtora. Esta actuación poderá ser cofinanciada polo Mecanismo “ConectarEuropa” da Unión Europea (CEF).

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...