InicioTui despide o ano cunha carreira solidaria, chocolatada e uvas anticipadas

Tui despide o ano cunha carreira solidaria, chocolatada e uvas anticipadas

As persoas que participen na San Silvestre poderán tomar as uvas ás 12 horas, ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello de Tui celebrá o vindeiro venres 31 de decembro a 1ª San Silvestre Popular de Tui, con carácter non competitivo, dirixida a todas aquelas persoas que queiran participar nun evento lúdico deportivo antes de rematar o ano, e comer as doce uvas por adiantado. A proba está organizada polo Concello de Tui coa colaboración do Club Atletismo Tui.

Esta 1º San Silvestre Popular sairá ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira para realizar un sinxelo de percorrido urbano de catro quilómetros.

Ao remate, como avituallamento, servirase un chocolate quente con rosca, e entregarase ás persoas participantes un paquete con 12 uvas, para comelas ás 12 horas, ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada.

A inscrición gratuíta, pode realizarse até ás 23.59 h do mércores, 29 de decembro, no enlace dispoñible na web municipal www.tui.gal. A carreira terá unha compoñente solidaria polo que o día da carreira, o venres 31, dende ás 9.30 h na retirada do dorsal na zona de saída no Paseo da Corredoira, deberase entregar un quilo de alimentos non perecedoiros, que serán doados á Asociación SOS Tomiño – Baixo Miño.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...