InicioSociedadeCaballero defende o "escrupuloso cumprimento" das normas covid en Vigo malia que...

Caballero defende o “escrupuloso cumprimento” das normas covid en Vigo malia que a incidencia é xa de 645/100.000 habitantes

Sanidade vén avisando de que a área sanitaria de Vigo é "a de maior preocupación" en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en que a normativa sanitaria “cúmprese escrupulosamente” na cidade, cuxa incidencia de novos casos de covid-19 nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes sitúase en 645 –por encima da media galega–, e remarcou que “o factor de risco son as aglomeracións que non cumpren as normas”.

Tras rexeitar valorar o chamamento do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a evitar as aglomeracións e a súa advertencia de que a área sanitaria de Vigo é “a de maior preocupación” en relación coa incidencia da pandemia, o rexedor considerou que “non hai aglomeracións” nos “lugares onde hai xente e (as persoas) gardan distancia”.

Neste sentido, afirmou que pode rexistrarse unha ocupación hoteleira “do 100%” e “un cumprimento exquisito das normas da Xunta“. “Se se cumpren as normas, non é absolutamente nada malo. É máis, é moi bo se se cumpren as normas, e en Vigo cúmprense”, defendeu. Así, sinalou que a grande árbore situada na rúa Policarpo Sanz conta con capacidade para 200 persoas, pero “só entran 20, e os 20 con máscara”.

“Aos que tentan desalentar a actividade económica, eu téñolles que dicir que respectando as normas a actividade é moi boa”, resolveu o alcalde, que asegurou que “en Vigo se respectan”. “Hai algún en Galicia ao que non lle gusta que a actividade económica en Vigo vaia ben e que o turismo vaia ben”, alertou.

“Quen decide as normas é a autoridade sanitaria”, incidiu Caballero, que insistiu que estas se cumpren “escrupulosamente” na cidade, onde “xa hai unha mobilización de Policía moi xeneralizada” e Protección Civil traballa na ordenación do tráfico. Deste xeito, recalcou que resulta “visible” como na rúa “todo o mundo” utiliza máscara e “gárdanse as distancias” de seguridade.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...

Trasladado a Vigo en helicóptero un mariñeiro ferido grave mentres faenaba a 100 millas de Cabo Vilán

Un mariñeiro tivo que ser trasladado a Vigo en helicóptero na noite deste pasado...