InicioPolíticaO PP critica o "silencio" de Carmela Silva pola sentenza sobre o...

O PP critica o “silencio” de Carmela Silva pola sentenza sobre o “enchufe” da súa cuñada

A sentenza considera probado que este exfuncionario promoveu a adxudicación irregular de varios contratos menores a unha concesionaria municipal, coa finalidade de pagarlle un salario a unha cuñada de Silva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A deputada provincial do PP Pepa Pardo censura o “silencio incomprensible e inaceptable” tanto do alcalde de Vigo, Abel Caballero, como da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, despois de que o Tribunal Supremo confirmase a pena de de cinco anos e tres meses de cárcere para un ex alto funcionario do Concello olívico polo ‘enchufe’ da cuñada desta última.

En concreto, a sentenza considera probado que este exfuncionario promoveu a adxudicación irregular de varios contratos menores a unha concesionaria municipal, coa finalidade de pagarlle un salario a unha cuñada de Silva.

A responsable popular pregúntase se o BNG, que tamén forma parte do goberno provincial, “non ten nada que dicir sobre esta trama de corrupción“, que ten “unha das maiores condenas na historia recente de Galicia”. Neste contexto, a deputada do PP lamenta que “pasen os días e a cidadanía continúa esperando que alguén asuma a súa responsabilidade política”.

“Carmela Silva non pode estar máis tempo escondida no seu agocho. É momento de que dea a cara”, insiste Pardo, á vez que critica que “non ten tempo para dar explicacións” por este “caso tan grave” pero si “para escribir tuits en relación ao aspecto físico do alcalde de Madrid”.

E é que este mesmo sábado, con motivo da visita a Vigo do rexedor madrileño, José Luís Martínez-Almeida, a presidenta da Deputación de Pontevedra publicou na súa conta de Twitter unha mensaxe no que lle chamaba “señor baixiño”.

“A altura política non se mide en centímetros, mídese por cuestións como asumir a responsabilidade política no caso do ‘enchufe’ da cuñada“, esgrime Pardo.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...